COLAPSO

COLAPSO colectivo é un punto de encontro para persoas artistas e afeccionadas á arte sonora e visual.

O noso obxectivo é dar visibilidade a propostas pouco convencionais, apoiando a realización e presentación de proxectos artísticos arriscados, facilitando o diálogo entre creadores e espazos e incidindo na importancia do seu rol nos procesos de transformación social.

Se ben partimos dun especial interese polo fenómeno sonoro, esta vontade expándese cara outros ámbitos procurando o intercambio fluído de coñecementos, mediante a programación de diferentes actividades culturais, lúdicas e pedagóxicas e atendendo especialmente ás prácticas máis experimentais.

COLAPSO carece dun lugar físico específico. Traballamos para celebrar a arte, xa que expresa os desexos e as loitas das comunidades no transcurso das súas vidas, partindo de como escoitamos e se nos escoita, como ollamos e se nos ve na éxtase íntima e plural do cante e o baile.

Isto sucede onde queira que esteamos despregándose constantemente no reino do común.

info.colapso@gmail.com