ARTETETRA SHOWCASE | MONDO LAVA | BABAU | CHAPA

Lugar: recibirase a localización coa adquisición da entrada
Data: 12 | 07 | 2022
Hora: 18:30h – 21:00h

Entradas:

Donativo: 8€ – 12€ (Ata completar aforo | Aforo MOI LIMITADO)
Bizum: 629644196 adxuntando o teu mail ou en metálico no Café bar El Muelle

Colapso Colectivo presenta unha sesión de músicas inspiradas polo folclore dixital dos proxectos Mondo Lava e Babau que forman parte do universo sonoro do tape label italiano Artetetra. Ambientes de factura lo-fi e texturas domésticas construídas a partir da xustaposición de diferentes materiais e rexistros que se sitúan no eido do tropicalismo electrónico e o exotismo transglobal. Un encontro que comezará cos colaxes sonoros de Chapa.

Artetetra é un colectivo de Milán que ven editando dende 2015 traballos que revisan con certa dose de ironía as coordenadas espazo-temporais da worldmusic.

MONDO LAVA

James Ketchum e Leon Roc Hu fan música baixo o nome de Mondo Lava. Secuencias de teclados carnavalescos, baixos retumbantes e grooves de tambores de man. Inspirado tanto nas producións de psicopop da tropicalia dos anos 70 como no underground saturado DIY de cinta dos anos 2010, as composicións directas de Mondo Lava aséntanse en bucles de desenvolvemento orgánico salpicados de patróns de batería afrobrasileira e sós de piano . O dúo deléitase na xustaposición de fontes de son de diversa fidelidade en jams anacrónicas que flotan a través de épocas e tradicións. Os arpexios de Casio e as melodías de videoxogos comparten a mestura con cavernosas voces de baixo similares aos experimentos post-dub de Sun Araw / Duppy Gun. Dentro das limitacións do seu hardware e do seu equipo de gravación caseiro, Mondo Lava esboza mundos repletos de personaxes únicas.

https://mondolava.bandcamp.com/music

BABAU

BABAU é o dúo composto por Luigi Monteanni e Matteo Pennesi, ambos tamén fundadores de Artetetra records, selo discográfico preocupado polos últimos desenvolvementos dos conceptos de folclore dixital e exotismo transglobal durante a globalización tardía. A mellor maneira de definir a BABAU é mediante un pastiche que combina a fascinación pola World Music 2.0, o Fourth World e o Mondo Voyeurism coas últimas abstraccións nas técnicas compositivas da música por computador, que eles denominan música «Quinto Mondo». Ao longo dos anos tocaron en festivais como Club To Club, Fusion, Saturnalia, Outernational Days, Mondo Muzak e Camp Cosmic e colaboraron con Kiosk radio, NTS, The Wire, Sun Araw, Simon Reynolds, Senyawa, etc.

https://babau.bandcamp.com/album/stock-fantasy-zone

CHAPA

CHAPA inspírase na filosofía da parola nocturna na taberna, o rexeitamento ao revivalismo e á tendencia actual do fetichismo polos sintetizadores.
Concibido por Chago e LCTRCT como un proxecto comunitario perpetrado desde a diáspora, a súa música exhibe unha inestabilidade encantadoramente fráxil entre unha trama avant-garde de palleiro e as desviacións dúctiles de texturas orgánicas e sons ambientais.

Un exercicio inxenuo na procura do equilibrio axeitado entre polirritmos alterados, ruído de fondo e paisaxes sonoras caseiras que nos traslada a un espazo indefinido pero cotián.