ÁZIDO FOLKLÓRICO 1

ÁZIDO FOLKLÓRICO #1

Data: 05 | 01 | 2019
Lugar: BLACK | Rúa Loureiros 16
Hora: 00:00h
Entrada libre

Audio:
Pablo Electrocute
Chago
Libredón

Vídeo:
Javi Camino

ÁZIDO FOLKLÓRICO é un proxecto efímero de axitación cultural perpetrado polo colectivo COLAPSO no que imaxe e música electrónica de vangarda converxen na pista de baile.

Con ÁZIDO FOLKLÓRICO queremos acoller proxectos de artistas que deambulan entre o risco e a experimentacion. Artistas entusiastas na procura de novos estímulos, alleos a modas e circuitos epidérmicos.

Reivindicamos o erro e a desvergonza por enriba de técnica e virtuosismo desafiando o preestablecido dende unha cotidianidade lúdica e transgresora.