ÁZIDO FOLKLÓRICO 2

ÁZIDO FOLKLÓRICO X LICEO MUTANTE

O Liceo Mutante acolle feliz este evento organizado polo colectivo compostelán COLAPSO

Data: Sábado 11 de maio
Lugar: LICEO MUTANTE
Hora: 19.00h
Entrada: 5 – 10€

ELEKTROTECHNIA [LIVE]
COLAPSO JAM
LIBREDÓN [DJ]
CHAGO [DJ]
PABLO ELECTROCUTE [DJ]
BLACKOALAPIE [A\V]
LICEO SUPER 8 (A/V)

ÁZIDO FOLKLÓRICO é un proxecto efímero de axitación cultural perpetrado polo colectivo COLAPSO no que imaxe e música electrónica de vangarda converxen na pista de baile. Con ÁZIDO FOLKLÓRICO queremos acoller proxectos de artistas que deambulan entre o risco e a experimentacion.

Artistas entusiastas na procura de novos estímulos, alleos a modas e circuitos epidérmicos. Reivindicamos o erro e a desvergonza por enriba de técnica e virtuosismo desafiando o preestablecido dende unha cotidianidade lúdica e transgresora.

[+ info]