NINA GARCÍA (Live) | ALEXANDRE LOSADA (Live) | CHAPA (Colaxes Sonoras)
Data: 08/02/2026
Horario: 18:00h – 21:00h
Lugar: LIVRARIA AENEA | Rúa dos Irmáns Rey-Alvite, 3, 15702 Santiago de Compostela
Entrada: Donativo 8€ – 12€
NINA GARCÍA
Desde 2015, Nina García investiga e crea música arredor da guitarra eléctrica, a medio camiño entre a música improvisada e o ruído.
O seu equipamento redúcese ao mínimo: unha guitarra, un pedal e un amplificador. Os seus concertos mergullan o público nun espazo sonoro envolvente onde a forza e a fraxilidade se cruzan cunha intensa comunicabilidade.
En apenas uns anos, atraeu a atención de numerosos espazos internacionais. Despois dunha década de concertos baixo a identidade de Mariachi, Nina García revelou finalmente o seu enfoque único en «Bye Bye Bird», o seu primeiro álbum co seu propio nome, lanzado por Ideologic Organ. Sen pretensións e modesto, o álbum é unha mestura cativadora de melodías e emocións crúas.
Nina García tamén toca con Arnaud Rivière en Autoreverse, nun dúo coa trombonista danesa Maria Bertel, coa percusionista Camille Émaille e na banda de rock Mamiedaragon. Desde 2019, é membro do conxunto de improvisación Le Un. Tamén actuou con Sophie Agnel, Méryll Ampe, Stephen O’Malley, Leïla Bordreuil, Antoine Chessex e Fred Frith.
https://www.muraillesmusic.com/en/artistes/nina-garcia/
https://ideologicorgan.bandcamp.com/album/bye-bye-bird
ALEXANDRE LOSADA
Alexandre traballa nas marxes das músicas improvisadas, empregando a súa guitarra (preparada ás veces) coma fonte de sons agochados. Nesta busca retorce a guitarra con estrañas técnicas, nun proceso fráxil que non foxe da crudeza ou da enerxía. Fai parte de proxectos coma Zunzún ou Võ Chí Công Ensemble.
https://vietcongbasalto.bandcamp.com/
https://vngensemble.bandcamp.com/album/no-xard-n-das-traballadoras-da-conserva
CHAPA
CHAPA inspírase na filosofía da parola nocturna na taberna, o rexeitamento ao revivalismo e á tendencia actual do fetichismo polos sintetizadores.
Concibido por Chago e Pablo Electrocute como un proxecto comunitario perpetrado desde a diáspora, a súa música exhibe unha inestabilidade encantadoramente fráxil entre unha trama avant-garde de palleiro e as desviacións dúctiles de texturas orgánicas e sons ambientais.
Un exercicio inxenuo na procura do equilibrio axeitado entre polirritmos alterados, ruído de fondo e paisaxes sonoras caseiras que nos traslada a un espazo indefinido pero cotián.
ENTRADAS
Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com
FILA 0
Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:
BIZUM: 629644196
– Escribir FILA 0 no asunto.
PAYPAL:
– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.
TRANSFERENCIA:
– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!
Fotos por Manuel Silva (Bisgue)
















