ZEA et XAVIER CHARLES (Live) | VÕ CHÍ CÔNG ENSEMBLE (Live)
Data: 09/05/2025
Horario: 20:00h – 22:00h
Lugar: O GABINETE | Rúa da Ponte do Sar, 8, 15707, Santiago de Compostela
ZEA et XAVIER CHARLES
ZEA é o proxecto en solitario de Arnold de Boer, vocalista da banda holandesa The Ex. Narracións urxentes construídas sobre sucias liñas de baixo e o contraste de pasaxes tranquilas contra explosións sonoras, trascendendo os límites da era dixital.
De Boer está acompañado polo clarinete de Xavier Charles, cuxo estilo de improvisación é extremadamente dinámico, a miúdo emprega longos sons multifónicos seguidos de berros e estrondos que complementan fortemente as estruturas minimalistas e sobrias das cancións de De Boer. Xuntos crean un mundo cheo de espazo, son, canción e silencio.
A súa música é ás veces fráxil, poética, noutras veces moi enérxica, urxente, obstinada, propulsada por unha guitarra sincopada que induce ao trance e nos lembra as súas experiencias coa música ganesa e etíope.
Xavier Charles é unha figura clave da nova música europea e máis alá. É clarinetista, investigador sonoro mergullado en mil aventuras sónicas, improvisador viaxeiro e colaborador incansábel. Inventa unha linguaxe única e desenvolve técnicas inspiradas no material, nos sons da vida cotiá e nas linguaxes musicais contemporáneas.
As súas experiencias leváronlle ás fronteiras da música improvisada, o rock ruidoso, a electroacústica…
VÕ CHÍ CÔNG ENSEMBLE
Unha práctica, un coitelo, a extensión do posíbel e o territorio en que percute outra idea da organización das cousas. Ningunha serpe, ningunha lei. O goberno dos ourizos, ruído derramado, e se Paul Celan desafía a sombra de Paul Rutherford? Mans sucias e honor a Peter Brötzmann.
ENTRADAS
ENVIAR MAIL A: info.colapso@gmail.com
FILA 0
Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:
BIZUM: 629644196
– Escribir FILA 0 no asunto.
PAYPAL:
– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.
TRANSFERENCIA:
– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!
