KOU (Live) | PIERRE PIERRE PIERRE (Live) | CHAPA (Colaxes Sonoras)

KOU (Live) | PIERRE PIERRE PIERRE (Live) | CHAPA (Colaxes Sonoras)

Data: 03/07/2024
Horario: 20:00h
Lugar: ACÉFALA ,  Av. de Hércules 73, A Coruña
Entrada: Doazón 8€ – 12€


KOU 

Apolline e Thomas actúan desde 2022 baixo o nome de KOU con 24 armonios electrónicos. Producen densas capas de tonos e sobretonos. No seu álbum de debut coeditado por ElMuelle1931, KOU toma outra dirección. O armonio aparece ocasionalmente, pero destacan máis os delicados punteos de guitarra, os efectos vocais distantes, os sintetizadores, as frautas, as pinceladas de piano, un toque de maxia musical e as voces jazz non-jazz de Apolline. KOU envolve nunha ensoñación pop o seu discurso dadaísta, fan lembrar ao primeiro Battiato, a Gregorio Paniagua e a unha sorte de bandas art-prog europeas dos 70/80. KOU fannos saltar ao outro lado do espello para disfrutar dunha estrana delicia.

https://elmuelle1931.bandcamp.com/album/kou


PIERRE PIERRE PIERRE 

Paisaxes sonoras ficticias, grabacións de campo imaxinarias, música ambiental imposible e sons acústicos atípicos. Combinando síntese de audio feita a mán con software de programación en vivo e grabacións de baixa fidelidade. Non hai nada que ver no escenario. Todo acontece nos oídos e na cabeza.

https://50-hz.bandcamp.com/album/excursions-au-pays-des-digiblobs

CHAPA

CHAPA inspírase na filosofía da parola nocturna na taberna, o rexeitamento ao revivalismo e á tendencia actual do fetichismo polos sintetizadores. Concibido por Chago e Pablo Electrocute como un proxecto comunitario perpetrado desde a diáspora, a súa música exhibe unha inestabilidade encantadoramente fráxil entre unha trama avant-garde de palleiro e as desviacións dúctiles de texturas orgánicas e sons ambientais. Un exercicio inxenuo na procura do equilibrio axeitado entre polirritmos alterados, ruído de fondo e paisaxes sonoras caseiras que nos traslada a un espazo indefinido pero cotián.


ENTRADAS

reservas@acefala.org


Creditos: cartaz @xavi4430