YES INDEED (Live) | ANDRÉS REAL & JUAN PARDO XXI (Live) | LCTRCT (Colaxes Sonoras)
Data: 9/06/2024
Horario: 18:00h – 21:00h
Lugar: PATIO DE LUZ | Rúa Caldeirería, 38, 15704, Santiago de Compostela
Entrada: Donativo 8€ – 12€
YES INDEED
Yes Indeed son Laurie Tompkins e Otto Willberg. En directo, teclado, baixo e canto sobre mostras táctiles e emotivas. A súa música é épica e tamén, dalgunha maneira, trabucada, con espazo para a delicadeza e a ledicia.
Desde «Rotten Luck» (Bison, 2022), YI actuaron por todo o Reino Unido e Europa. En solitario, Laurie é co-directora do selo Slip e publicou CDs en Entr’acte, 33-33 e Hyperdelia. Otto é un baixista itinerante en grupos como Historically Fucked e Abstract Concrete e o seu LP «wildly singular, wickedly trippy and sensual set of fusion jams» (Boomkat) foi editado recentemente en Black Truffle.
O seu traballo defínese por un elocuente refacho de ideas, esferas e significantes, creando un universo musical de sorprendente lonxevidade e profundidade. Tratando as convencións musicais con suave desidia, Yes Indeed adoptan unha variedade de xéneros e estados de ánimo e transfórmanos nun estado de ser fermosamente melismático e onírico.
É música cósmica bela e fragmentada para os tempos modernos, un descenso descarado á execución dunha postura musical fundamentalmente diversificada.
https://yesindeed.bandcamp.com/album/king-of-blue
ANDRÉS REAL & JUAN PARDO XXI
Andrés e Hevi, Hevi e Andrés voltan poñer o Patio de Luz patas arriba. Pis e caca. Jazz e carallás. Melodía e bucle. Improvisación e rock por computadora. Tecnoloxía desfasada. O océano comeza en Ribadavia.
LCTRCT
Obsesionado polo vinilo como fonte de son, Pablo LCTRCT comezou as súas sesións en forma de atrevidos soundscapes caracterizados polo ruidismo, o afterpunk e a música experimental. Acuñou o concepto de “antiparty” exercendo de mestre de cerimonias en audicións performáticas cargadas de provocación onde se deixaba intuír a súa atracción por Merzbow, Hijokaidan e outros exemplos de música extrema.
Durante unha década estivo afincado en Berlín onde, ademais de atopar novos estímulos na práctica da improvisación libre, amplía a súa paleta sonora cara a outros territorios. No 2022, de volta na súa Compostela natal, crea El Muelle 1931, unha plataforma vinculada ao negocio familiar que acolle propostas sonoras diverxentes coa vocación de distribuír tanto proxectos que nacen na súa contorna máis próxima, coma selos independentes e artistas internacionais pouco convencionais.
Unha sensibilidade que lle leva a apostar especialmente por aquelas creacións que se desenvolven desde as marxes, músicas ocultas adicadas ao efémero da cultura «underground».
ENTRADAS
Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com.
Presencialmente en:
Café Bar El Muelle Rúa da Senra, 6, 15702, Santiago de Compostela
El Muelle 1931 Shop Rúa de San Pedro, 57 15703, Santiago de Compostela
Patio de Luz Rúa Caldeirería, 38, 15704, Santiago de Compostela
FILA 0
Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:
BIZUM: 629644196
– Escribir FILA 0 no asunto.
PAYPAL:
– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.
TRANSFERENCIA:
– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!