LUCAS RAVINALE et LOUP UBERTO (Live) | BLUEMOUSE (DJ) | LCTRCT (Colaxes Sonoras)
Data: 03/06/2024
Horario: 20:00h
Lugar: LIBRARÍA PEDREIRA | Rúa do Home Santo, 55, 15703, Santiago de Compostela
Entrada: Doazón 5€ – 8€
LUCAS RAVINALE et LOUP UBERTO
Viaxe mental a Italia: dous lados do triángulo Bégayer emancípanse en tarantelas reviradas, co que dá a gorxa e ata que os dedos sangran un pouco …»Facía moito tempo que non pensabamos nun conxunto que puidésemos construír con este costume: sentarnos ao redor dunha mesa despois do concerto e tocar as nosas cancións e percusións frugalmente, como unha manchea de avoas ao final dun xantar. Estivemos cazando algunhas cancións do norte de Italia, algunhas linguas antigas, e esperamos que isto inicie un baile».
Lucas Ravinale e Loup Uberto (dous músicos de Bégayer) recollen a polifonía dos traballadores do campo.
Repertorio do norte de Italia (Bérgamo, val do Po, Piamonte, Venecia), tradicionalmente cantado «a capella» por un grupo de mulleres, aquí interpretado por un dúo de canto e percusións. Pandeiros, tamburelli, tambores de fanfarria e vellos radio-transistores modificados na súa circuitería, provocan un estraño transo con cancións de partisanos, militares pacificados e campesiños xoguetóns.
https://www.muraillesmusic.com/en/artistes/lucas-ravinale-loup-uberto/
BLUEMOUSE
A inquietude é un fío representativo da expresión vital da persoa; musicalmente reflictida nas sesións abertas á improvisación deste DJ nado en Santiago de Compostela. Empatizar e xerar inercias supoñen os maiores desafíos, vivindo cada canción como una lectura en miniatura do tempo no que é reproducida e ouvida. Singularidades do pasado e contemporáneas queren poñer en valor a necesidade de abrirnos ante a descoñecida, esquecida ou inimaxinada riqueza sonora que nos rodea.
LCTRCT
Obsesionado polo vinilo como fonte de son, Pablo LCTRCT comezou as súas sesións en forma de atrevidos soundscapes caracterizados polo ruidismo, o afterpunk e a música experimental. Acuñou o concepto de “antiparty” exercendo de mestre de cerimonias en audicións performáticas cargadas de provocación onde se deixaba intuír a súa atracción por Merzbow, Hijokaidan e outros exemplos de música extrema. Durante unha década estivo afincado en Berlín onde, ademais de atopar novos estímulos na práctica da improvisación libre, amplía a súa paleta sonora cara a outros territorios. No 2022, de volta na súa Compostela natal, crea El Muelle 1931, unha plataforma vinculada ao negocio familiar que acolle propostas sonoras diverxentes coa vocación de distribuír tanto proxectos que nacen na súa contorna máis próxima, coma selos independentes e artistas internacionais pouco convencionais. Unha sensibilidade que lle leva a apostar especialmente por aquelas creacións que se desenvolven desde as marxes, músicas ocultas adicadas ao efémero da cultura «underground».
ENTRADAS
Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com.
Presencialmente en:
Café Bar El Muelle Rúa da Senra, 6, 15702, Santiago de Compostela
El Muelle 1931 Shop Rúa de San Pedro, 57 15703, Santiago de Compostela
Libraría Pedreira Rúa do Home Santo, 55, 15703, Santiago de Compostela
FILA 0
Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:
BIZUM: 629644196
– Escribir FILA 0 no asunto.
PAYPAL:
– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.
TRANSFERENCIA:
– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!
Fotos por Manuel Silva (Bisgue)