GAUTE GRANLI + GABRIELA GONZÁLEZ (Live A/V) | LIBREDÓN (Live) | LCTRCT (Colaxes Sonoras)
Data: 19/05/2024
Horario: 18:00h – 21:00h
Lugar: PATIO DE LUZ | Rúa Caldeirería, 38, 15704, Santiago de Compostela
Entrada: Donativo 8€ – 12€
GAUTE GRANLI + GABRIELA GONZÁLEZ (Nor/Ven)
Durante os dous últimos anos, Gabriela e Gaute traballaron na fusión dos seus respectivos ámbitos artísticos nunha singular performance audiovisual psicodélica. Imaxe e son fusiónanse para dar lugar a impresións máis que a narracións, indicios da psique que aluden a estados mentais inefables á vez familiares e irrecoñecibles. Ata o momento realizaron unha xira por México e algunhas actuacións por Europa, presentando o seu proxecto en diferentes salas, galerías e espazos alternativos onde a universalidade e maleabilidade desta colaboración poden expresarse plenamente.
Utilizando técnicas propias do stop-motion e edición de vídeo dixital xunto con colaxes de papel e esculturas de arxila, Gabriela González leva desenvolvendo o seu propio estilo de visuais psicodélicos en movemento desde 2012. Obxectos brillantes, monstros mutantes e contornas bizarras únense de forma inxenua e honesta retratando historias que están profundamente arraigadas na nosa conciencia humana, como algo maxicamente familiar e reconfortante. Ao longo dos anos traballou realizando rechamantes videoclips para artistas como Lle Ton Mité, Pizza Noise Mafia, Timelash, Embassador Dulgoon, Bear Bones, Lay Low…
Por outra banda, o guitarrista-intérprete-cantante noruegués Gaute Granli, explora unha doce tolemia enfundado nunha fantástica colección de estrañas contas estiradas e retortas, repletas de música folk fantasmal, espreitadora, de letras cantadas en vocabularios descoñecidos e de ondas pop desosadas por un gnomo psicodélico que o desordena todo con pedais de efectos.
Todo funciona e mantense máxicamente «caótico» con esa melancolía da desesperación habitando incómoda e permanentemente cada nivel do seu fascinante universo sonoro. Outros proxectos de Gaute Granli son Rump State, Firmaet Forvoksen e un dúo con Lionel Fernández. Publicou discos recentemente en Ultra Eczema, KRAAK, No Lagos Musique e Éditions Cave12.
https://youtu.be/a-sL5Bs1NzM?si=_kOmTsPgE8kJfp6t
https://vimeo.com/stoneagestomphttps://youtu.be/qGm1zMFVYPE?si=ZTBF_BqqjZfiUefX
https://youtu.be/HQVmU67l-NEhttps://feedingtuberecords.bandcamp.com/album/monstersol
LIBREDÓN
Un método vulnerable é orgánico porque se ve influenciado por procesos circunstanciais. As ferramentas empregadas no proxecto actúan como catalizadores dos erros de proceso, xirando ao redor do risco e a imperfección.
O espolio sistemático das ideas e a necesidade aditiva por eses motivos externos, conxugan unha hipérbole. A súa existencia abrolla do ir e vir constante, entre a realidade e a ficción, entre o analóxico e o dixital.Nestas conversas improvisadas, a afirmación e a negación corrixiranse mutuamente e reinterpretaranse collendo forma a través da acción.
A desinformación e o descoñecemento son unha opción real. O latexo perpetuo do misterio da razón é o seu asincopado contrapunto.
https://libredon.bandcamp.com/
LCTRCT
Obsesionado polo vinilo como fonte de son, Pablo LCTRCT comezou as súas sesións en forma de atrevidos soundscapes caracterizados polo ruidismo, o afterpunk e a música experimental. Acuñou o concepto de “antiparty” exercendo de mestre de cerimonias en audicións performáticas cargadas de provocación onde se deixaba intuír a súa atracción por Merzbow, Hijokaidan e outros exemplos de música extrema. Durante unha década estivo afincado en Berlín onde, ademais de atopar novos estímulos na práctica da improvisación libre, amplía a súa paleta sonora cara a outros territorios. No 2022, de volta na súa Compostela natal, crea El Muelle 1931, unha plataforma vinculada ao negocio familiar que acolle propostas sonoras diverxentes coa vocación de distribuír tanto proxectos que nacen na súa contorna máis próxima, coma selos independentes e artistas internacionais pouco convencionais. Unha sensibilidade que lle leva a apostar especialmente por aquelas creacións que se desenvolven desde as marxes, músicas ocultas adicadas ao efémero da cultura «underground».
ENTRADAS
Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com.
Presencialmente en:
Café Bar El Muelle Rúa da Senra, 6, 15702, Santiago de Compostela
El Muelle 1931 Shop Rúa de San Pedro, 57 15703, Santiago de Compostela
Patio de Luz Rúa Caldeirería, 38, 15704, Santiago de Compostela
FILA 0
Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:
BIZUM: 629644196
– Escribir FILA 0 no asunto.
PAYPAL:
– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.
TRANSFERENCIA:
– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!
Fotos por Manuel Silva (Bisgue)