REGENTES (Live) | NZ (Live) | LCTRCT (Colaxes Sonoras)

REGENTES (Live) | NZ (Live) | LCTRCT (Colaxes Sonoras)

Data: 28/04/2024
Horario: 18:00h – 21:00h
Lugar: PATIO DE LUZ | Rúa Caldeirería, 38, 15704, Santiago de Compostela
Entrada: Donativo 8€ – 12€


REGENTES

Regentes é un dúo chileno conformado polo cineasta José Luis Sepulveda (Resistencia Magnética) e o arquitecto Tomás Salvatierra (Lo Escucho Lo Pinto) formado en Santiago de Chile a finais do ano 2023. Ámbolos dous músicos forman parte dos imprescindibles Glorias Navales. Regentes combinan improvisación con canto, frautas, un rabel e unha guitarra eléctrica. Inspiranse en músicas como o «canto a lo divino», a ranchera e o freejazz.

https://gxnx.bandcamp.com

https://loescucholopinto.bandcamp.com/album/lo-escucho-lo-pinto

https://www.youtube.com/watch?v=NtO0Pq7ZAUw


NZ

NZ, natural de Bos Aires, Arxentina, é un artista e artesán no ámbito da música experimental. Inspirado polas obras do artista alemán Hans Reichel, especialmente polo seu peculiar instrumento de madeira coñecido como «Daxophone», NZ mergulla nunha busca constante da súa propia expresión creativa. A través da súa habilidade como artesán, el constrúe e experimenta con diferentes formas e materiais para crear os seus propios instrumentos, buscando así expandir os límites da música e explorar novos sons.


LCTRCT

Obsesionado polo vinilo como fonte de son, Pablo LCTRCT comezou as súas sesións en forma de atrevidos soundscapes caracterizados polo ruidismo, o afterpunk e a música experimental. Acuñou o concepto de “antiparty” exercendo de mestre de cerimonias en audicións performáticas cargadas de provocación onde se deixaba intuír a súa atracción por Merzbow, Hijokaidan e outros exemplos de música extrema. Durante unha década estivo afincado en Berlín onde, ademais de atopar novos estímulos na práctica da improvisación libre, amplía a súa paleta sonora cara a outros territorios. No 2022, de volta na súa Compostela natal, crea El Muelle 1931, unha plataforma vinculada ao negocio familiar que acolle propostas sonoras diverxentes coa vocación de distribuír tanto proxectos que nacen na súa contorna máis próxima, coma selos independentes e artistas internacionais pouco convencionais. Unha sensibilidade que lle leva a apostar especialmente por aquelas creacións que se desenvolven desde as marxes, músicas ocultas adicadas ao efémero da cultura «underground».


ENTRADAS

Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com.

Presencialmente en:

Café Bar El Muelle Rúa da Senra, 6, 15702, Santiago de Compostela

El Muelle 1931 Shop Rúa de San Pedro, 57 15703, Santiago de Compostela

Patio de Luz Rúa Caldeirería, 38, 15704, Santiago de Compostela


FILA 0

Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:

BIZUM: 629644196

– Escribir FILA 0 no asunto.

PAYPAL:

– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.

TRANSFERENCIA:

– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.

¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!

Fotos por Manuel Silva (Bisgue)