CIA DEBUTANTE

CIA DEBUTANTE  (Live) | ZUNZÚN (live) | LCTRCT (Colaxes Sonoras)

Lugar: PATIO DE LUZ | Rúa Caldeirería, 38, 15704, Santiago de Compostela
Data: 07/05/2023
Hora: 18:00h – 21:00h
Entrada: Donativo 8€ – 12€


CIA DEBUTANTE (FR, Siltzbreeze) é un dúo musical experimental de París (Francia) fundado por Paul Bonnet e Nathan Roche. A través de improvisacións de longa duración e moi volátiles, o dúo produce unha mestura exasperada de The Shadow Ring e Cabaret Voltaire, cunha actitude sen concesións á Vanity Records. Descritos como unha absenta de ciencia ficción do futuro pasado, a banda existe no seu propio carril cheo de po, onde a distinción entre o rock no-fi e a bedroom-synth music desdibúxase nun espellismo reflectado.

https://siltbreeze.bandcamp.com/album/cia-debutante-down-willow-lp

https://soundcloud.com/ciadebutante

ZUNZÚN (PO, Liceo Mutante) Zunzún plantexan pequenas estruturas mutables, que exploran o ritmo e a repeticion dende a improvisación ata que a forza da desorde actúa e racha todo posible acordo anterior. As guitarras berran, os sintes crepitan e o saxo ouvea porque a casa está a caer.

LCTRCT
(Colaxes Sonoras) Obsesionado polo vinilo como fonte de son, Pablo LCTRCT comezou as súas sesións en forma de atrevidos soundscapes caracterizados polo ruidismo, o afterpunk e a música experimental. Acuñou o concepto de “antiparty” exercendo de mestre de cerimonias en audicións performáticas cargadas de provocación onde se deixaba intuír a súa atracción por Merzbow, Hijokaidan e outros exemplos de música extrema. Durante unha década estivo afincado en Berlín onde, ademais de atopar novos estímulos na práctica da improvisación libre, amplía a súa paleta sonora cara a outros territorios. No 2022, de volta na súa Compostela natal, crea El Muelle 1931, unha plataforma vinculada ao negocio familiar que acolle propostas sonoras diverxentes coa vocación de distribuír tanto proxectos que nacen na súa contorna máis próxima, coma selos independentes e artistas internacionais pouco convencionais. Unha sensibilidade que o leva a apostar especialmente por aquelas creacións que se desenvolven desde as marxes, músicas ocultas adicadas ao efémero da cultura «underground».

http://www.elmuelle1931.com


ENTRADAS

Compostela

Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com.

Presencialmente en:

Café Bar El Muelle Rúa da Senra, 6, 15702 Santiago de Compostela

Patio de Luz Rúa Caldeirería, 38, 15704 Santiago de Compostela


FILA 0

Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:

BIZUM: 629644196

– Escribir FILA 0 no asunto.

PAYPAL:

– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.

TRANSFERENCIA:

– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.

COLAPSO COLECTIVO | NEWSLETTER

Suscríbete á nosa listaxe de correo se queres estar informada dos eventos que organizamos (contidos, horarios, lugares de celebración…)

¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!

Fotos por Manuel Silva (Bisgue)