COLAPSO X NUMAX no seu 8° Aniversario con JUAN PARDO XXI & ANDRÉS REAL (Live) + CHAPA (Colaxes Sonoras) + M8 (Cinema Expandido)

JUAN PARDO XXI & ANDRÉS REAL (Live) | CHAPA (Colaxes Sonoras) + M8 (Cinema Expandido)

Lugar: NUMAX | Rúa de Concepción Arenal, 9, 15702, Santiago de Compostela
Data: 15/04/2023
Hora: 12:00h
Entrada: gratuíta ata completar aforo escribindo un correo co asunto «Reservas Colapso Colectivo» a info@numax.org


JUAN PARDO XXI + ANDRÉS REAL (Live) Pis e caca. Jazz e carallás. Melodía e bucle. Improvisación e rock por computadora. Tecnoloxía desfasada. O océano empeza en Ribadavia.

CHAPA (Colaxes Sonoras) Chapa inspírase na filosofía da parola nocturna na taberna, o rexeitamento ao revivalismo e á tendencia actual do fetichismo polos sintetizadores. Concibido por Chago e Pablo Electrocute como un proxecto comunitario perpetrado desde a diáspora, a súa música exhibe unha inestabilidade encantadoramente fráxil entre unha trama avant-garde de palleiro e as desviacións dúctiles de texturas orgánicas e sons ambientais. Un exercicio inxenuo na procura do equilibrio axeitado entre polirritmos alterados, ruído de fondo e paisaxes sonoras caseiras que nos traslada a un espazo indefinido pero cotián.

M8 (Cinema Expandido) Cris Lores, Belén Veleiro e Lúa Sálamo, que a través de técnicas propias do cinema expandido, presentan un collage caleidoscópico de metraxe “atopado” en formatos de 8mm e 16mm, onde o efímero gaña protagonismo cando se acomoda na calor das lámpadas.

Fotos por Manuel Silva (Bisgue)