GOLDBLUM (Live) | JUAN PARDO XXI & ANDRÉS REAL (Live) | CHAPA (Colaxes Sonoras)
A CORUÑA
Lugar: ACÉFALA | Av. Hércules, 73, 15002 A Coruña
Data: 15/04/2023
Hora: 18:00h – 22:00h
Entrada: Donativo 8€ – 12€
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Lugar: PATIO DE LUZ | Rúa Caldeirería, 38, 15704, Santiago de Compostela
Data: 16/04/2023
Hora: 17:00h – 21:00h
Entrada: Donativo 8€ – 12€
GOLDBLUM (Live) son Marijn Verbiesen (Red Brut, Sweat Tongue) e Michiel Klein (Lewsberg, Sweat Tongue). O dúo crea colaxes sonoras lo-fi a partir de casetes de feira, bucles de cinta, teclados e voces en inglés e neerlandés. As actuacións en directo de Goldblum son completamente improvisadas, ás veces caóticas, ás veces fráxiles. As súas pezas están cheas de pistas coidadosamente construídas cun atractivo práctico, ateigadas de primeiras tomas e arranxos espontáneos. Fragmentos de vellas cancións douradas, ritmos lisiados, estalidos ruidosos e melodías melancólicas únense en cancións e paisaxes sonoros oníricos, mergullados no carácter oscilante da cinta.
https://hetgeneriek.bandcamp.com/album/goldblum
JUAN PARDO XXI + ANDRÉS REAL (Live) Pis e caca. Jazz e carallás. Melodía e bucle. Improvisación e rock por computadora. Tecnoloxía desfasada. O océano empeza en Ribadavia.
CHAPA (Colaxes Sonoras) Chapa inspírase na filosofía da parola nocturna na taberna, o rexeitamento ao revivalismo e á tendencia actual do fetichismo polos sintetizadores. Concibido por Chago e Pablo Electrocute como un proxecto comunitario perpetrado desde a diáspora, a súa música exhibe unha inestabilidade encantadoramente fráxil entre unha trama avant-garde de palleiro e as desviacións dúctiles de texturas orgánicas e sons ambientais. Un exercicio inxenuo na procura do equilibrio axeitado entre polirritmos alterados, ruído de fondo e paisaxes sonoras caseiras que nos traslada a un espazo indefinido pero cotián.
ENTRADAS
Compostela
Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com.
Presencialmente en:
Café Bar El Muelle Rúa da Senra, 6, 15702 Santiago de Compostela
Patio de Luz Rúa Caldeirería, 38, 15704 Santiago de Compostela
A Coruña
Email: reservas@acefala.org
FILA 0
Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:
BIZUM: 629644196
– Escribir FILA 0 no asunto.
PAYPAL:
– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.
TRANSFERENCIA:
– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!
Fotos por Manuel Silva (Bisgue)