JASON KÓLAR

JASON KOLÀR (Live A/V) | CHÉ GARRIDO (Live) | LCTRCT (Colaxes Sonoras)

A CORUÑA

Lugar: ACÉFALA | Av. Hércules, 73, 15002 A Coruña
Data: 03/03/2023
Hora: 19:00h – 22:00h
Entrada: Donativo 8€ – 12€

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Lugar: PATIO DE LUZ | Rúa Calderería, 38, 15704, Santiago de Compostela
Data: 05/03/2023
Hora: 17:00h – 21:00h
Entrada: Donativo 8€ – 12€


JASON KOLÀR (Live A/V) Durante máis dunha década, Cristian Subirà foi un membro activo da escena musical underground de Barcelona; organizando concertos, editando cintas, tocando en bandas (Dead Man on Campus, Coconot, Narwhal, Maresme, …), escondéndose detrás de distintos alias (Summer Recreation Camp, Nubian Deli, Venessa Milano e Tim Robertson) ou co-fundando dublab.es.

Ás súas costas, máis de 100 shows en directo en dispersos lugares de Europa e Estados Unidos compartindo escenario con Lucky Dragons, Daniel Higgs, Ariel Kalma, Joanne Robertson, The Space Lady, Julianna Barwick, Maria Minerva, Zbigniew Karkowski ou White Magic, ademais de aparicións en festivais como Sónar, Atonal Berlín, LEM, Grec, Meakusma, Milhoes de Festa ou Baleapop.

As exploracións sonoras de Subirà navegan ao redor da new age, o ambient e o drone, sempre tratando de construír unha ponte porosa entre elas. Unha construción final onde é fácil escoitar a enorme influencia que Brian Eno, Roedelius, Hiroshi Yoshimura, Benjamin Lew, Craig Kupka ou Vini Reilly teñen nas súas composicións.

https://vimeo.com/763073372

CHÉ GARRIDO (Live) Partindo da combinación de samplers, delays, osciladores, filtros e loops controlados mediante procesos aleatorios, Che Garrido constrúe estruturas sonoras inmersivas utilizando síntese modular para dar forma a un universo sonoro cheo de grans e microsons. Che Garrido forma parte de formacións coma Novasoyuz e Zunzún, ámbalas dúas centradas na improvisación sonora.

LCTRCT (Colaxes Sonoras) Obsesionado polo vinilo como fonte de son, Pablo LCTRCT comezou as súas sesións en forma de atrevidos soundscapes caracterizados polo ruidismo, o afterpunk e a música experimental. Acuñou o concepto de “antiparty” exercendo de mestre de cerimonias en audicións performáticas cargadas de provocación onde se deixaba intuír a súa atracción por Merzbow, Hijokaidan e outros exemplos de música extrema. Durante unha década estivo afincado en Berlín onde, ademais de atopar novos estímulos na práctica da improvisación libre, amplía a súa paleta sonora cara a outros territorios. No 2022, de volta na súa Compostela natal, crea El Muelle 1931, unha plataforma vinculada ao negocio familiar que acolle propostas sonoras diverxentes coa vocación de distribuír tanto proxectos que nacen na súa contorna máis próxima, coma selos independentes e artistas internacionais pouco convencionais. Unha sensibilidade que lle leva a apostar especialmente por aquelas creacións que se desenvolven desde as marxes, músicas ocultas adicadas ao efémero da cultura «underground».

http://www.elmuelle1931.com


ENTRADAS

Compostela

Telegram (t.me/colapsocolectivo)
Email a info.colapso@gmail.com.

Presencialmente:

Café Bar El Muelle Rúa da Senra, 6, 15702 Santiago de Compostela

Patio de Luz Rúa Calderería, 38, 15704 Santiago de Compostela

A Coruña

Email: reservas@acefala.org


FILA 0

Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:

BIZUM: 629644196

– Escribir FILA 0 no asunto.

PAYPAL:

– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.

TRANSFERENCIA:

– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.

¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!

Fotos por Manuel Silva (Bisgue)