DON THE TIGER

DON THE TIGER  (Live, Crammed Discs) | LCTRCT (Colaxes Sonoras)

Lugar: PATIO DE LUZ | Rúa Calderería, 38, 15704, Santiago de Compostela

Data: 05/01/2023 Hora: 19:00h – 21:00h

Entrada: Donativo 8€ – 12€


DON THE TIGER (ES, Crammed Discs) é o proxecto en solitario de Adrián de Alfonso, que ademais de pasar por grupos como Bèstia Ferida, Veracruz, Homenatges ou Capitán colaborou con artistas como Carla Bozulich, Valerio Tricoli, Lydia Lunch, El Guincho, Lucrecia Dalt, Victor Herrero, Regina de Miguel, Robert Forster, Tu Madre, Francesco Cavaliere, GY!BE, Paloma Polo, Rubén Patiño, Krapoola, Silvia Coral, Nuno Marques Pinto, Andi Stecher, Evripidis Sabatis, Territoire, Bradien, Jupiter Jon, Extraperlo, The Cheese, Lles Aus, Sam Ashley ou Macromassa. Instalado en Berlin desde 2011, Don The Tiger inspírase en todo o que bota en falta nesa cidade -xa sexa rumba, MPB, sardana, bolero, fantasía barroca, guabina, torch songs, flamenco ou salsa- e canalízao a través de elaboradas técnicas de sampling e ramallazos de música concreta, emitindo sempre cun lanzo próximo ao do rockabilly ou o avant-pop máis primitivo. Ademais dun bo puñado de cintas e cdrs agora mesmo inencontrables, Don The Tiger publicou dous LPs ata a data: «Varadero» (2013, Canada) e «Matanzas” (2018, Crammed Discs).

Neste concerto, Adrián cantará sobre materiais sonoros que se amplifican e emiten en FM. Recoméndase, e animámosvos, a que traiades receptores FM para que entre todxs poidamos dar forma a esta sesión tan especial.

Obsesionado polo vinilo como fonte de son, Pablo LCTRCT comezou as súas sesións en forma de atrevidos soundscapes caracterizados polo ruidismo, o afterpunk e a música experimental. Acuñou o concepto de “antiparty” exercendo de mestre de cerimonias en audicións performáticas cargadas de provocación onde se deixaba intuír a súa atracción por Merzbow, Hijokaidan e outros exemplos de música extrema. Durante unha década estivo afincado en Berlín onde, ademais de atopar novos estímulos na práctica da improvisación libre, amplía a súa paleta sonora cara a outros territorios. No 2022, de volta na súa Compostela natal, crea El Muelle 1931, unha plataforma vinculada ao negocio familiar que acolle propostas sonoras diverxentes coa vocación de distribuír tanto proxectos que nacen na súa contorna máis próxima, coma selos independentes e artistas internacionais pouco convencionais. Unha sensibilidade que lle leva a apostar especialmente por aquelas creacións que se desenvolven desde as marxes, músicas ocultas adicadas ao efémero da cultura «underground».

http://www.elmuelle1931.com


COA COLABORACIÓN DE PORTELA SEIJO


ENTRADAS

Consigue a túa entrada anticipada a través da nosa canle de Telegram (t.me/colapsocolectivo) ou enviando un email a info.colapso@gmail.com.

Tamén as podes adquirir presencialmente en:

Café Bar El Muelle Rúa da Senra, 6, 15702 Santiago de Compostela

Patio de Luz Rúa Calderería, 38, 15704 Santiago de Compostela


FILA 0

Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:

BIZUM: 629644196

– Escribir FILA 0 no asunto.

PAYPAL:

– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.

TRANSFERENCIA:

– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.

¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!