COLAPSO JAM X SONS CREATIVOS LCTRCT | Ché Garrido | Corda | M8

Data: 23/10/2020
Lugar: Casa do Saber (Lugo)
Hora: 20:30h
Entrada libre ata encher aforo

[+ info en: www.sonscreativos.weebly.com]

Nesta ocasión, membros de COLAPSO COLECTIVO participan na 12 edición festival de arte sonoro e música experimental SONS CREATIVOS. Construirán unha sesión de improvisación visual e sonora na que unha exquisita colección de rexistros sonoros son manipulados por LCTRCT (Dj) aos pratos, fundíndose coas densidades texturais electrónicas nas mans de CHE GARRIDO (síntese modular), e cos drons acústicos do cello (CORDA). Un universo audible que se expande cara o visual a través dos procedementos máis experimentais do Live cinema analóxico elaborados por M8 formando un despregamento caleidoscópico.