ÁZIDO FOLKLÓRICO #3 | ESPECIAL FIN DE ANO
Data: 31.12
Lugar: BLACK CLUB
Hora: 01:30 h
Entrada: 10€
AFORO LIMITADO
Pretty Pretty 2000
LCTRCT
Chago
Dj TeQuiero
Voltamos a noite do 31 a Compostela para brindar en amor e compaña a chegada dun novo ano. A partir da 01:30h estaremos no Black Club (Rúa dos Loureiros, 16) celebrando a terceira edición de Ázido Folklórico, o fillo bastardo de Codex Club e Colapso.
Lembrade que o AFORO É LIMITADO e só se poderá mercar a entrada na billeteira. Recomendamos acelerar a dixestión e afinar a puntualidade se queredes asegurar a vosa asistencia dende primeira hora
ÁZIDO FOLKLÓRICO é un proxecto efímero de axitación cultural perpetrado polo colectivo COLAPSO en colaboración con CODEX CLUB no que imaxe e música electrónica de vangarda converxen na pista de baile.
Con ÁZIDO FOLKLÓRICO queremos acoller proxectos de artistas que deambulan entre o risco e a experimentacion. Artistas entusiastas na procura de novos estímulos, alleos a modas e circuitos epidérmicos. Reivindicamos o erro e a desvergonza por enriba de técnica e virtuosismo desafiando o preestablecido dende unha cotidianidade lúdica e transgresora.
