MAGIA ROJA | Futuro de Hierro + Zozobra + Jaco + Libredón & Prenom!

COLAPSO #1 MAGIA ROJA

Data: 1/10/2017
Lugar: Unitaria
Hora: 17:00 – 22:00h.
Entrada: 5€

O próximo domingo inauguramos o primeiro COLAPSO cunha proposta nada compracente e decididamente anticonvencional: FUTURO DE HIERRO, ZOZOBRA e JACO, tres dos artistas máis activos da escena industrial da cidade condal, fan parada na Unitaria na súa xira pola península ibérica para amosarnos en directo os seus últimos traballos e, de paso, falarnos do seu interesantísimo e inspirador proxecto: MÀGIA ROJA.

A esta primeira edición uniranse dous dos nosos artistas locais favoritos: LIBREDÓN nace en Compostela no 2017. Parte da necesidade e chega ata a adicción a través de traxectos sonoros alleos; unha experiencia eléctrica que trata de mudar o descoñecemento na procura de criterio e PRENOM laboratorio de luz e proxecto editorial xestionado por Mar Catarina e Rubén Domínguez, que estarán ofrecendo a súa proposta visual nesta xornada inaugural adicada ao arte sonoro.

COLAPSO é o fogar para a nova música creativa en Compostela, un laboratorio de ideas que nace co propósito de organizar, promover e desenrolar diferentes eventos, tales como talleres, conferencias e concertos. Tomando como punto de partida a investigación no campo da creación, o desenrolo e a influencia deste tipo de propostas,

COLAPSO quere amosar e apoiar traballos de artistas valentes -locais e internacionais- cos que transformar o noso entorno, xerando unha conexión co público en xeral, profundizando na importancia do rol do son no mundo da arte e, en xeral, nas sociedades actuais. Traballamos para celebrar e apoiar a arte, xa que expresa os desexos e as loitas das comunidades na creación das súas vidas e mundos xuntos. Cando dicimos arte, entendemos cómo cantamos e bailamos xuntos, cómo escoitamos e queremos ser escoitados, cómo miramos e esperamos ser vistos, cómo pensamos nos nosos corpos e cómo nos movemos polo espazo. Cousas como estas suceden onde queira que esteamos, non só nas galerías ou no escenario. Non cremos que a arte sexa un lugar fixo; é unha relación que se desprega constantemente no reino do común.

MÀGIA ROJA é un proxecto pioneiro e utópico que opera desde Barcelona. Unha asociación cultural (con máis de 6000 socios nos cinco continentes) que produce e promove a arte dunha maneira integral: selo discográfico, promotor de concertos, organizador de conferencias, talleres e, dúas veces á semana, sesións de DJ e música en directo na súa sede do barrio de Gràcia.

Futuro de Hierro Víktor Lux Crux é unha figura clave na vibrante escena post-industrial barcelonesa como músico, produtor e co-fundador do selo Màgia Roja. Realizou preto de 200 concertos no estranxeiro xirando por Europa e Estados Unidos con Futuro de Hierro e bandas previas como Ordre Etern e Qa?a. Colaborador de Jochen Arbeit (Einstürzende Neubauten), de Nurse With Wound, Paddy Shine, Chris Haslam (Gnod) e outros. De entre outros sitios tocou en 4 edicións do festival Sonar (unha delas en Chicago), no festival Incubate, o Klangbad, dúas edicións do Primavera Sound e o Festival Periferias. Como Comisarios da Luz DJ fixo máis de 200 sesións nos tres últimos anos.

http://magiaroja.net/artist/futuro-de-hierro/

https://www.facebook.com/magiarojabcn/videos/486005428419968/

https://www.youtube.com/watch?v=ME-LwcXoPbY

Zozobra Un iconoclasta dentro da escena post-industrial. A súa voz artística é única: vulnerable e brutal ao mesmo tempo, os seus temas son, no fondo, clásicos: amor, identidade, relacións. Tomando como influencias Coil e Nurse With Wound, samplea en directo as fontes de son máis insospeitadas de forma inadvertida para pasar a manipular as capas resultantes a través de efectos que serven como transfondo para as súas letras onde explora as súas verdades máis incomodas ata as últimas consecuencias


http://magiaroja.net/artist/zozobra/

https://magiaroja-zozobra.bandcamp.com/track/tu-cuerpo


Jaco Un dos artistas máis inquietos da cidade e que non parou de crecer nos dous últimos anos. Jaco combina o frío do postpunk e o industrial cos graves quentes do hip hop e a bass music. Armado dos seus coitelos, pezas de metal e caixas de ritmos e samplers constrúe un transfondo musical minimalista pero profundo para as súas letras enigmáticas, feitas de referencias e memorias que se mesturan de forma onírica creando un ambiente único.


http://magiaroja.net/artist/jaco/

https://www.youtube.com/watch?v=2BFE8m0i920&t=40s

https://www.youtube.com/watch?v=g4tvZVMJ2is

+ info:

https://www.facebook.com/events/116724752355841/

http://magiaroja.net/