IBON RG & ENRIKE HURTADO (Live) | VÕ CHÍ CÔNG ENSEMBLE (Live) | LIBREDÓN (Live)
Data: 03/01/2026
Horario: 18:00h – 21:00h
Lugar: LIVRARIA AENEA | Rúa dos Irmáns Rey-Alvite, 3, 15702 Santiago de Compostela
Entrada: Donativo 8€ – 12€
IBONRG & ENRIKE HURTADO
Ibonrg (voz, piano, txalaparta) e Enrike Hurtado (electrónica DIY, txalaparta, guitarra) traballan en dúo desde 2019, onde ofrecen unha homenaxe ao poeta vangardista Joxean Artze, o cal foi quen xunto a seu irmán rescatou e reinterpretou a txalaparta -instrumento tradicional de madeira percutida-. Esta homenaxe traduciuse nun LP (oMOrruMU baMAt, Repetidor 2021), que os levou a diferentes puntos da península ibérica, pero tamén a Islandia en duas ocasións. Froito desas viaxes é o novo material que presentarán neste concerto, material con rasgos de música experimental, industrial ou tradicional.
https://repetidor-shop.bandcamp.com/album/omorrumu-bamat
VÕ NGUYÊN GIÁP ENSEMBLE
Võ Chí Cong Ensemble é un quintento composto por Marcos Flórez (baixo e percusión), Che Garrido (saxo, frautas, percusión), Luís Garrido (saxofóns), Alexandre Losada (guitarra e percusións) e Daniel Salgado (percusión e textos) cuxa música se move entre a libre improvisación, o ruidismo e unha aproximación antiacadémica a certo jazz.
https://vietcongbasalto.bandcamp.com/
https://vngensemble.bandcamp.com/album/no-xard-n-das-traballadoras-da-conserva
LIBREDÓN
Un método vulnerable é orgánico porque se ve influenciado por procesos circunstanciais.
As ferramentas empregadas no proxecto actúan como catalizadores dos erros de proceso, xirando ao redor do risco e a imperfección. O espolio sistemático das ideas e a necesidade aditiva por eses motivos externos, conxugan unha hipérbole.
A súa existencia abrolla do ir e vir constante, entre a realidade e a ficción, entre o analóxico e o dixital.Nestas conversas improvisadas, a afirmación e a negación corrixiranse mutuamente e reinterpretaranse collendo forma a través da acción. A desinformación e o descoñecemento son unha opción real. O latexo perpetuo do misterio da razón é o seu asincopado contrapunto.
https://libredon.bandcamp.com/
ENTRADAS
Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com
FILA 0
Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:
BIZUM: 629644196
– Escribir FILA 0 no asunto.
PAYPAL:
– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.
TRANSFERENCIA:
– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!
