MATILDE MEIRELES (Live) | XOÁN-XIL LÓPEZ (Paisaxes Sonoras) | CHAPA (Colaxes Sonoras)

MATILDE MEIRELES (Live) | XOÁN-XIL LÓPEZ (Paisaxes Sonoras) | CHAPA (Colaxes Sonoras)

Data: 19/10/2025
Horario: 18:00h – 21:00h
Lugar: OFICINA RÚA | Rúa de San Pedro, 52, 15703, Santiago de Compostela
Entrada: Donativo 8€ – 12€


MATILDE MEIRELES

Matilde Meireles é artista sonora e investigadora que traballa con gravacións de campo para crear obras orientadas a lugares específicos.

O seu traballo é profundamente exploratorio, combinando improvisación e outros fluxos sonoros con múltiples enfoques de gravación. As súas obras adoitan tomar forma a través de actuacións en directo, instalacións, publicacións discográficas, proxectos impulsados pola comunidade, obradoiros e publicacións académicas.

O traballo de Matilde abrangue a difusa natureza inherente da gravación de campo, recoñecendo as súas diversas interpretacións e (mal)entendidos.
Ademais, adopta unha aproximación multisensorial, duracional e multiperspectiva ao lugar, explorando o potencial da escoita a través de diferentes espetros e escalas para sintonizar con ecosistemas diversos e articular múltiples experiencias do mundo.

Algúns exemplos inclúen ecoloxías acuáticas complexas, resonancias en obxectos cotiáns, a arquitectura das sinais de radio e as formas nas que diferentes comunidades se relacionan co son.

https://matildemeireles.com/


XOÁN-XIL LÓPEZ

Xoán-Xil López é artista sonoro e investigador cuxo traballo vira en torno á práctica fonográfica (gravación de campo) e a experimentación sonora adquirindo a forma de instalacións, situacións inmersivas de escoita, composicións, performances e textos.

A meirande parte da súa produción artística/musical desenvólvese a través de procesos de investigación centrados na dimensión sonora de diferentes prácticas e tradicións culturais. Deses procesos xurdiron publicacións como Abellón. O Libro Negro de zoadeiras que aborda o mundo das abellas, os bordóns e algunhas prácticas rituais en Galicia dende un enfoque artístico/antropolóxico.

As súas obras foron expostas en centros internacionais como Ars Electronica (Austria), New Media Gallery (Canadá), Schlossmediale (Suíza), Le Bon Accueil (Francia) ou ZKM (Alemaña), e nacionais como o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, IN-Sonora, Etopia Centro de Arte e Tecnoloxía ou LABoral, entre outros.

Tamén formou parte do colectivo interdisciplinar adicado ao estudo da paisaxe sonora, Escoitar.org (2006-2016), forma parte do proxecto de improvisación Ulobit e a súa música co grupo Haarvöl foi publicada polo selo Crónica Electrónica.

https://www.unruidosecreto.net/


CHAPA

CHAPA inspírase na filosofía da parola nocturna na taberna, o rexeitamento ao revivalismo e á tendencia actual do fetichismo polos sintetizadores. Concibido por Chago e Pablo Electrocute como un proxecto comunitario perpetrado desde a diáspora, a súa música exhibe unha inestabilidade encantadoramente fráxil entre unha trama avant-garde de palleiro e as desviacións dúctiles de texturas orgánicas e sons ambientais. Un exercicio inxenuo na procura do equilibrio axeitado entre polirritmos alterados, ruído de fondo e paisaxes sonoras caseiras que nos traslada a un espazo indefinido pero cotián.


ENTRADAS

Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com


FILA 0

Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:

BIZUM: 629644196

– Escribir FILA 0 no asunto.

PAYPAL:

– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com

– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.

– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.

TRANSFERENCIA:

– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965

– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.

Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!