OCCUPIED HEAD (Live) | ÁLVARO GALLEGO (Live) | LCTRCT (Colaxes Sonoras)
Data: 05/10/2025
Horario: 18:00h – 21:00h
Lugar: OFICINA RÚA | Rúa de San Pedro, 52, 15703, Santiago de Compostela
Entrada: Donativo 8€ – 12€
OCCUPIED HEAD
Dieter Mauson, alias Occupied Head, naceu en Leer (Alemaña) en 1964. En 1982 comezou a tocar o baixo nun grupo de no-wave da súa cidade natal e máis tarde foi membro das bandas como Nostalgie Éternelle, Opfer der Hingabe e Delta-Sleep-Inducing Peptide. O seu primeiro proxecto en solitario, Majestic Twelve, comezou en 1992.
En 1995, tras ter dous fillos, a súa vida cambiou e deixou de facer música durante case 15 anos. En 2009 Nostalgie Éternelle volveu á vida e uns anos máis tarde Opfer der Hingabe e DSIP tamén se reactivaron. Dieter comezou o seu novo proxecto en solitario chamado Occupied Head en 2011.
Occupied Head combina elementos electrónicos, ambientais, electroacústicos e electro pop, evitando na súa maioría un ritmo de forma convencional e mantendo sempre un carácter meditativo.
https://soundcloud.com/occupied-head
https://occupiedhead.bandcamp.com
https://vimeo.com/user23584387/videos
ÁLVARO GALLEGO
Músico gaditano afincado en Galicia cunha ampla traxectoria como baixista en diversos proxectos dentro da música experimental e psicodélica, con máis de 400 concertos realizados.
Na súa faceta actual, afonda na creación sonora a través da síntese modular, o uso de samplers e a manipulación de gravacións de campo, empregando o loop como ferramenta compositiva e a improvisación como motor creativo.
https://alvarogallego.bandcamp.com/album/largada
LCTRCT
Obsesionado polo vinilo como fonte de son, Pablo LCTRCT comezou as súas sesións en forma de atrevidos soundscapes caracterizados polo ruidismo, o afterpunk e a música experimental. Acuñou o concepto de “antiparty” exercendo de mestre de cerimonias en audicións performáticas cargadas de provocación onde se deixaba intuír a súa atracción por Merzbow, Hijokaidan e outros exemplos de música extrema.
Durante unha década estivo afincado en Berlín onde, ademais de atopar novos estímulos na práctica da improvisación libre, amplía a súa paleta sonora cara a outros territorios.
No 2022, de volta na súa Compostela natal, crea El Muelle 1931, unha plataforma vinculada ao negocio familiar que acolle propostas sonoras diverxentes coa vocación de distribuír tanto proxectos que nacen na súa contorna máis próxima, coma selos independentes e artistas internacionais pouco convencionais. Unha sensibilidade que lle leva a apostar especialmente por aquelas creacións que se desenvolven desde as marxes, músicas ocultas adicadas ao efémero da cultura «underground».
ENTRADAS
Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com
FILA 0
Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:
BIZUM: 629644196
– Escribir FILA 0 no asunto.
PAYPAL:
– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.
TRANSFERENCIA:
– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!
