ANTHONY PATERAS (Live) | BYAKKOYA (DJ set)

ANTHONY PATERAS (Live) |  BYAKKOYA (DJ set)

Data: 17/07/2025
Horario: 19:00h
Lugar: Xardín SAR 53 | Rúa de Sar 53, Santiago de Compostela
Entrada: Donativo 8€ – 12€


ANTHONY PATERAS

Anthony Pateras é compositor, pianista e músico electrónico. Leva ofrecido centos de concertos e compuxo bandas sonoras para numerosas curtametraxes e longametraxes. Tamén traballou en espazos como o Martin-Gropius-Bau, o Centre Pompidou, a Fundação Serralves, o Henie Onstad e a Haus Konstruktiv.

Ten publicados máis de 50 álbums en selos como Tzadik, Editions Mego, Ipecac, Another Timbre, Futura Resistenza ou Shelter Press, e dirixe o seu propio selo: Immediata. Colaborou, entre outras, con Robin Fox, Erkki Veltheim, Slave Pianos, Christos Tsiolkas, Jérôme Noetinger, studio LABOUR, Marco Fusinato, The Necks, Natasha Anderson, Sylvère Lotringer, Anthony Burr e Sunn O))).

https://anthonypateras.bandcamp.com/
https://hallowground.bandcamp.com/album/anthony-pateras-reise-der-schatten


BYAKKOYA

DJ, curadora e creativa musical de Santiago de Compostela, pertencente á escena madrileña e lisboeta dende o ano 2019. O seu interese por mesturar música nace da inquedanza de querer transformar as súas inspiracións en collages propios, polo que, lonxe de beber dunha soa fonte, Byakkoya pinchou en contextos tan diversos como raves e festas de hip hop no leste de Europa, pasando polo afterparty gótico dun concerto de Laibach.

Para esta ocasión, presentará a súa primeira sesión híbrida en Galicia mediante unha listening party, na que mesturará as súas propias producións de electrónica cunha selección de temas de noise ambient e jazz xaponés.


ENTRADAS

Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com.


FILA 0

Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:

BIZUM: 629644196

– Escribir FILA 0 no asunto.

PAYPAL:

– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.

TRANSFERENCIA:

– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.

Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!

Fotos por Manuel Silva (Bisgue)