ORIXE PERCUTIVA | Antez + M8s

ORIXE PERCUTIVA

LIBREDÓN (Dj) • 17:00h
M8S (Live/AV) • 18:00 h
LCTRCT (Dj/AV) • 18:45 h
ANTEZ (Live) • 20:00 h
CONVERSA con ANTEZ (Modera Xoan-Xil López) • 21:00 h

Data: 26/01/2020
Lugar: Unitaria
Hora: 17:00h – 22:00h
Entrada: 5€ (Anticipada: Café Bar El Muelle )

Colapso Colectivo organiza un novo encontro adicado á experimentación e a creción sonora no que participan o músico francés ANTEZ, de xira pola península ibérica, o dúo M8s (batería + síntese modular + live cinema analóxico) e os Djs LCTRCT e LIBREDÓN.⠀ ⠀Antez presentará a súa performance Continuum na que expande as sonoridades da percusión para explorar as cualidades acústicas do espazo. ⠀ ⠀O proxecto M8s parte de metraxe atopado de diferente natureza que é manipulado en directo mesturándose cos sons sintéticos producidos mediante un sistema modular e a enerxía rítmica da batería. ⠀ ⠀LCTRCT e LIBREDON completarán a proposta elaborando inesperados collages sonoros afondando en estados de ánimo anómalos e esquecidos.

ANTEZ (Fr) Antez é un percusionista francés que centra o seu traballo na improvisación e no uso de técnicas expandidas. Mediante a utilización de múltiples obxectos, e percorrendo nun movemento circular continuo un bombo, que ocupa o centro e funciona como un amplificador natural dos seus xestos, Antez esculpe un complexo e fascinante universo acústico a través do que explora as resonancias ocultas dos espazos nos que teñen lugar as súas performances, centrándose, ao mesmo tempo, na experiencia física do son. http://www.antez.org/

M8s (Pontevedra / Santiago / Moscoso / Gz) M8 traballa con filmacións atopadas, películas domésticas en 8mm, recordos da vida privada que pasan a formar parte da colectividade. Descontextualización de momentos familiares, escenas costumbristas nas que calquera pode sentirse identificado. A imaxe repítese, multiplícase, ou conxéñase ata arder e desaparecer, sendo experiencias irrepetibles que fican para sempre no pasado. Desta volta, o son dos proxetores será acompañado por percusión e síntese modular, é dicir, M8s

LCTRCT (Santiago / Gz) Entre Santiago e Berlín, entre o eclecticismo e o pastiche, entre a disonancia e a orde metronómica, Pablo Electrocute é un zahorí de músicas ocultas e coleccionista compulsivo, obsesionado polo vinilo como fonte de son. Creador do concepto “antiparty”, enche as súas sesións mesturando toda a experiencia e coñecemento vital, un pasado de música cargada de enerxía capaz de sobrevivir, grazas á súa pulsión rítmica, ao incerto futuro dunha audiencia que, en xeral, disocia diversión e baile.

LIBREDON (Santiago / Gz) Sen Norte nen sino Minutos de inadaptación sonora para esquecer ou para non olvidar. Fagan xogo, aposten ao cabalo perdedor e permítanse perdelos nervios. ​Libredón constrúe experiencias auditivas magnéticas caracterizadas pola traslación elaborando un retrato sensible da realidade musical fora do continente.