ADRIÁN DE ALFONSO (Live) | FIESTA EN EL VACÍO (Live) | CHAGO (DJ Set)
Data: 20/10/2024
Horario: 16:00h – 20:00h
Lugar: O GABINETE | Rúa da Ponte do Sar, 8, 15707, Santiago de Compostela
Entrada: De balde
ADRIÁN DE ALFONSO
Adrián de Alfonso, tamén coñecido como Don the Tiger, ademais de pasar por grupos como Bèstia Ferida, Veracruz, Homenatges ou Capitán colaborou con artistas como Carla Bozulich, Valerio Tricoli, Lydia Lunch, El Guincho, Lucrecia Dalt, Victor Herrero, Regina de Miguel, Robert Forster, Tu Madre, Francesco Cavaliere, GY!BE, Paloma Polo, Rubén Patiño, Krapoola, Silvia Coral, Nuno Marques Pinto, Andi Stecher, Evripidis Sabatis, Territoire, Bradien, Jupiter Jon, Extraperlo, The Cheese, Lles Aus, Sam Ashley ou Macromassa. Instalado en Berlin desde 2011, inspírase en todo o que bota en falta nesa cidade -xa sexa rumba, MPB, sardana, bolero, fantasía barroca, guabina, torch songs, flamenco ou salsa- e canalízao a través de elaboradas técnicas de sampling e ramallazos de música concreta, emitindo sempre cun lanzo próximo ao do rockabilly ou o avant-pop máis primitivo. Adrián publicará en novembro seu próximo álbum «Viator» (Maple Death Records).
Neste concerto, Adrián cantará sobre materiais sonoros que se amplifican e emiten en FM. Recoméndase, e animámosvos, a que traiades receptores FM para que entre todxs poidamos dar forma a esta sesión tan especial.
https://www.adriandealfonso.com/
FIESTA EN EL VACÍO
Luna María Cedrón reúne con suavidade e melancolía as complexas influencias e facetas da súa existencia. Baixo o seu alias Fiesta En El Vacío, a artista convoca unha serie de musicalidades latinas que constitúen súa carreira: letras occitanas, flamenco, baladas populares de Venezuela atópanse aquí coas novas xeracións de música urbana: ritmos de reggaeton e instrumentais de electrónica afiada. Sobre estas bases, no seu último disco, os textos sen concesións non deixan alternativa: reivindicación da emancipación da muller, as loitas en curso e o combate contra esta orde de cousas que xa non convén a ninguén. Fiesta En El Vacío é un berro do corazón , pero sobre todo un alento á esperanza: un vasto programa benévolo.
https://simplemusicexperience.bandcamp.com/album/fiesta-en-el-vaci-o
CHAGO (DJ Set)
[CODEX/COLAPSO]
ENTRADAS
info@ogabinete.gal
FILA 0
Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:
BIZUM: 629644196
– Escribir FILA 0 no asunto.
PAYPAL:
– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.
TRANSFERENCIA:
– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!
Fotos por Manuel Silva (Bisgue)






































