J.G.G. | LOS CUATRO AMIGOS | CHAPA

J.G.G. (Live) | LOS CUATRO AMIGOS (Live) | CHAPA (Colaxes Sonoras)

Data: 4/08/2024
Horario: 18:00h
Lugar: Xardín SAR 53 | Rúa de Sar 53, Santiago de Compostela
Entrada: Donativo 8€ – 12€


J.G.G.

J.G.G. é o proxecto unipersoal que Jordi Gegé puxo en marcha en 2013 para dar vida aos seus delirios exclusivamente instrumentais. A música de J.G.G. é unha amálgama de sons chegados dos puntos máis afastados da galaxia e o tempo, pero cos pés postos no espazo e no presente máis inmediatos.

As súas cancións ás veces fan bailar, ás veces poden marear ou mesmo parecer esquivas, pero sempre teñen unha melodía que busca envolverte e engancharte.

O Faino-Ti-Mesmo é unha das bases da súa filosofía, e a maior parte da súa música foi autoeditada mediante a súa discográfica Edicións Populares. Tamén publicou a súa música con outros pequenos selos de Austria, Francia, Alemaña, Bélxica, Croacia e Xapón.


LOS CUATRO AMIGOS

Los Cuatro Amigos é o alias musical de Andrés Magán, debuxante vigués que ademais fai música na banda Fantasmage. En «Colón & Jane», seu primeiro traballo (Ediciones Populares 2024) Andrés reúne cancións gravadas ao longo dos últimos anos, con guitarras, sintetizadores, gravacións de campo e máis cousas.


CHAPA

CHAPA inspírase na filosofía da parola nocturna na taberna, o rexeitamento ao revivalismo e á tendencia actual do fetichismo polos sintetizadores. Concibido por Chago e Pablo Electrocute como un proxecto comunitario perpetrado desde a diáspora, a súa música exhibe unha inestabilidade encantadoramente fráxil entre unha trama avant-garde de palleiro e as desviacións dúctiles de texturas orgánicas e sons ambientais. Un exercicio inxenuo na procura do equilibrio axeitado entre polirritmos alterados, ruído de fondo e paisaxes sonoras caseiras que nos traslada a un espazo indefinido pero cotián.


ENTRADAS

Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com.

Presencialmente en:

Café Bar El Muelle Rúa da Senra, 6, 15702, Santiago de Compostela

El Muelle 1931 Shop Rúa de San Pedro, 57 15703, Santiago de Compostela


FILA 0

Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:

BIZUM: 629644196

– Escribir FILA 0 no asunto.

PAYPAL:

– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.

TRANSFERENCIA:

– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.

¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!