ELECTROPURA X COLAPSO

COLAPSO X ELECTROPURA

Data: 16.06.19
Hora: 16:00 – 22:00 h
Lugar: Punta Cabalo ☀ | Escola de Pau ☂

Achega: 5€

Celebramos unha nova edición de COLAPSO en colaboración con Xoan-Xil e Oceanic Sound Art, achegándonos ao océano e as súas paisaxes sonoras para materializar un intercambio de ideas sobre as posibilidades da escoita do medio mariño como un valioso xeito de ampliar o noso coñecemento deste medio líquido superando os parámetros visuais aos que, tanto a arte como a ciencia nos teñen acostumados. Será un pracer participar nun novo intercambio cultural coas nosas amigas.

Mariëlle Klein Lankhorst
Margot Van Malenstein
Øceanic Sound Art
Xoán-Xil López
Libredón (Dj)
Alonzo (Dj)
Lctrct
Xiselr (Live)
Ché

𝐂𝐎𝐍𝐕𝐄𝐑𝐒𝐀𝐒: 𝐎𝐂𝐄𝐀𝐍𝐎𝐆𝐑𝐀𝐅𝐈𝐀𝐒 𝐒𝐎𝐍𝐎𝐑𝐀𝐒

Nos últimos anos os vínculos entre arte e ciencia foron estreitándose a través do entrecruzamento de experiencias e recursos.

Con estas conversas queremos celebrar esta relación ao tempo que nos achegamos ao océano e ás súas paisaxes sonoras. Oceanografías sonoras é un intercambio de ideas sobre as posibilidades da escoita do medio mariño como un valioso xeito de ampliar o noso coñecemento deste medio líquido superando os parámetros visuais aos que, tanto a arte como a ciencia nos teñen acostumados.

𝐗𝐎𝐀𝐍 – 𝐗𝐈𝐋 𝐋𝐎𝐏𝐄𝐙
Xoán-Xil López é musicólogo e artista sonoro cuxo traballo se centra no uso da paisaxe sonora no contexto da creación artística contemporánea -estéticas sonoras e procesos culturais-.

𝐎𝐂𝐄𝐀𝐍𝐈𝐂 𝐒𝐎𝐔𝐍𝐃 𝐀𝐑𝐓 (ØSA)
ØSA é unha organización que traballa coa intersección de diferentes disciplinas e profesionais a través da creación de espazos nómades e colaboración con outras organizacións, empresas ou grupos. ØSA comezou en 2019 cun programa piloto de residencias internacionais e expedicións creativas en Galicia. ØSA céntrase en traballos que oscilan entre arte, ciencia e tecnoloxía dun xeito crítico en torno ao tema do océano.

As residentes actuais presentarán o seu traballo en COLAPSO X ELECTROPURA o 16 de xuño na Illa de Arousa en Punta Cabalo a partir das 16:00.

MARIELLE KLEIN LANKHORST
Licenciada en Gobernación Mariña na Universidade de Wageningen (NL). O ano pasado viaxaba pola costa de Europa mentres entrevistaba a pequenos pescadores. Hoxe en día Marielle está a traballar no seu proxecto More to Sea, que retrata os pequenos pescadores de Europa.

MARGOT VAN MALENSTEIN
É una fanática talasiana cun interese refrescante nos Sistemas bio-fiscais costeiros e mariños, graduouse na Universidade de Wageningen cun bacharelato en ecoloxía costeira e biodiversidade, seguido porM.S.C. Licenciado en Acuicultura e Xestión de Recursos Mariños cun menor en educación ambiental para a sostibilidade.

𝐋𝐈𝐁𝐑𝐄𝐃𝐎𝐍 (DJ)
Unha sesión magnética caracterizada pola traslación sonora; retrato sensible da realidade fora do continente.

𝐀𝐋𝐎𝐍𝐙𝐎 (DJ)
Son de vida salvaxe mesturado con texturas artificiais e sintéticas ou música electrónica.

𝐗𝐈𝐒𝐄𝐋𝐑 (LIVE)
XISELR é un proxecto musical experimental que se centra no uso de texturas sonoras drone interpretadas cun instrumento electrónico de construcción propia que, facendo uso de múltiples sensores e unha dinamo, se achega dende unha óptica electrónica contemporánea ao imaxinario da zanfona.

𝐂𝐎𝐋𝐀𝐏𝐒𝐎 𝐉𝐀𝐌 (LIVE)
Coma peche do festival os participantes desta xornada orgánica uniranse para crear mediante a improvisación o que queremos definir como Colapso Jam. Unha oportunidade única de poñer no tear do risco os cinco sentidos. Unha incógnita estilística que expresará, mediante electrónicas minimalistas e sons en catarse, un espazo e tempo concretos.

Participarán:
Ché | Alonzo | LCTRCT | Xoán-Xi López