MONOPOLY CHILD STAR SEARCHERS (Live) | TIMELASH (Live) | LCTRCT (Colaxes Sonoras)

MONOPOLY CHILD STAR SEARCHERS (Live) | TIMELASH (Live) | LCTRCT (Colaxes Sonoras)

Data: 26/11/2023
Horario: 17:00h – 21:00h
Lugar: PATIO DE LUZ | Rúa Caldeirería, 38, 15704, Santiago de Compostela
Entrada: Donativo 8€ – 12€


MONOPOLY CHILD STAR SEARCHERS

Fotógrafo de formación, SPENCER CLARK empezou a facer música fai case vinte anos, con bandas como The Skaters, onde el e James Ferraro formaron parte da escena noise de principios e mediados dos anos noventa. Hoxe en día podemos ver en SPENCER CLARK un referente indispensable da exuberante neo-psicodelia/exótica, editando en selos como Discrepant, o seu propio Pacific City Sound Visions, Aguirre, Edições Cn, Artetetra e moitos máis.

Con bastante coherencia, SPENCER CLARK tamén foi recoñecido como un dos iniciadores do renacemento da New Age que tivo lugar ao longo da década pasada. Con todo, estes elementos son só unha parte do que se pode atopar ao longo da súa inmensa discografía: a súa ampla variedade estilística ten a súa correspondencia cun interese por diferentes ámbitos culturais. Con frecuencia fai saltar polo aire os muros que separan a chamada alta e baixa cultura, explorando as formas en que poden conectarse entre si.

Desta volta, actuará como MONOPOLY CHILD STAR SEARCHERS presentando o álbum
«Barbados Wild Horses», disco que gravou con Sun Araw.

https://pacificcitysoundvisions.bandcamp.com/album/barbados-wild-horses


TIMELASH

TIMELASH é o dúo de sintetizadores e SFX xurdido de Embassador Dulgoon (Nonlocal Research) e Corum (Psychic Sounds / Million Brazilians).

Xuntos revelan novas formas sonoras xogando con motivos primixenios que contrastan agudamente con desenvolvementos futuristas. O resultado é unha experiencia auditiva simultánea de escenarios antigos e extraterrestres contados a través do seu ritmo único de linguaxe mediante atmosferas impulsadas polo estado de ánimo, tons exóticos e electrizantes sacudidas de cumbia de ciencia ficción. 

A proposta musical de Timelash está firmemente enraizada no retrofuturismo, lembrándonos a artistas da música exótica Martin Denny, Egisto Macchi, Bernard Fèvre e Eric Vann, chegando ata as paisaxes sonoras cinematográficas de Mark Dwane, ou o Novus Magnificat de Constance Demby.

https://aguirrerecords.bandcamp.com/album/feral-lands-forbidden-cities


LCTRCT

Obsesionado polo vinilo como fonte de son, Pablo LCTRCT comezou as súas sesións en forma de atrevidos soundscapes caracterizados polo ruidismo, o afterpunk e a música experimental. Acuñou o concepto de “antiparty” exercendo de mestre de cerimonias en audicións performáticas cargadas de provocación onde se deixaba intuír a súa atracción por Merzbow, Hijokaidan e outros exemplos de música extrema. Durante unha década estivo afincado en Berlín onde, ademais de atopar novos estímulos na práctica da improvisación libre, amplía a súa paleta sonora cara a outros territorios. No 2022, de volta na súa Compostela natal, crea El Muelle 1931, unha plataforma vinculada ao negocio familiar que acolle propostas sonoras diverxentes coa vocación de distribuír tanto proxectos que nacen na súa contorna máis próxima, coma selos independentes e artistas internacionais pouco convencionais. Unha sensibilidade que lle leva a apostar especialmente por aquelas creacións que se desenvolven desde as marxes, músicas ocultas adicadas ao efémero da cultura «underground».


ENTRADAS

Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com.

Presencialmente en:

Café Bar El Muelle Rúa da Senra, 6, 15702, Santiago de Compostela

El Muelle 1931 Shop Rúa de San Pedro, 57 15703, Santiago de Compostela

Patio de Luz Rúa Caldeirería, 38, 15704, Santiago de Compostela


FILA 0

Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:

BIZUM: 629644196

– Escribir FILA 0 no asunto.

PAYPAL:

– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.

TRANSFERENCIA:

– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.

¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!