DELPHINE DORA & IVÁN TORRES | CICCONE | CHAPA

DELPHINE DORA & IVÁN TORRES (live) | CICCONE (live) | CHAPA (colaxes sonoros)

Data: 10/09/2023
Horario: 17:00h – 21:00h
Lugar: PATIO DE LUZ | Rúa Caldeirería, 38, 15704, Santiago de Compostela
Entrada: Donativo 8€ – 12€


DELPHINE DORA & IVÁN TORRES

DELPHINE DORA é unha música, compositora e improvisadora francesa. Traballa principalmente con instrumentos de teclado, pero a súa música enriqueceuse nos últimos anos coa incorporación de gravacións de campo ás súas composicións. A voz é tamén un dos seus instrumentos preferidos, ás veces recorrendo á linguaxe dos poetas, ás veces a unha linguaxe imaxinaria, pero tamén ás voces plurais e mutantes que se encarnan nela. En disco e en directo, utiliza instrumentos como o piano, o órgano ou os teclados, e a súa voz, empregando loops, efectos diversos e samples. A súa música iconoclasta pode lerse como unha cartografía persoal, baseada nun enfoque intuitivo da composición e alimentada por múltiples enfoques (poesía, misticismo, espiritualidade…). Desde hai máis de 15 anos, desenvolve un universo musical íntimo e plural, en perpetua metamorfose, situado na encrucillada de diferentes xéneros musicais (música folk, música minimalista, música improvisada, música electroacústica, etc.) e idiomas (inglés, francés, alemán, linguas imaxinarias, etc.). Tamén é fundadora do selo Wild Silence.

https://delphinedora.wordpress.com/

https://delphinedora.bandcamp.com/

IVÁN TORRES é artista audiovisual e director de cinema documental e de ensaio. Mesturando diferentes disciplinas explora novas formas de narrativa xunto co uso de material analóxico e a experimentación con son de síntese e radio. Iván desenvolveu case toda a súa carreira en Alemaña e Finlandia, onde traballou para varias produtoras.

https://ivantorreshdez.com/


CICCONE

Diego Delgado é deseñador gráfico e artista visual. Naceu en Madrid e desde 2018 vive en Berlín, onde iniciou o seu propio proxecto musical baixo o nome de CICCONE.

CICCONE é unha invitación para habitar un espazo sensible a través do son que se constrúe con gravacións de campo transfiguradas, liñas de sintetizador de frecuencias cíclicas e loops de guitarra eléctrica distorsionada.

https://c1ccone.bandcamp.com/


CHAPA

CHAPA inspírase na filosofía da parola nocturna na taberna, o rexeitamento ao revivalismo e á tendencia actual do fetichismo polos sintetizadores. Concibido por Chago e Pablo Electrocute como un proxecto comunitario perpetrado desde a diáspora, a súa música exhibe unha inestabilidade encantadoramente fráxil entre unha trama avant-garde de palleiro e as desviacións dúctiles de texturas orgánicas e sons ambientais. Un exercicio inxenuo na procura do equilibrio axeitado entre polirritmos alterados, ruído de fondo e paisaxes sonoras caseiras que nos traslada a un espazo indefinido pero cotián.


ENTRADAS

Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com.

Presencialmente en:

Café Bar El Muelle Rúa da Senra, 6, 15702, Santiago de Compostela

El Muelle 1931 Shop Rúa de San Pedro, 57 15703, Santiago de Compostela

Patio de Luz Rúa Caldeirería, 38, 15704, Santiago de Compostela


FILA 0

Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:

BIZUM: 629644196

– Escribir FILA 0 no asunto.

PAYPAL:

– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.

TRANSFERENCIA:

– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.

¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!

Fotos por Manuel Silva (Bisgue)