LOS CABALLOS DE DÜSSELDORF

LOS CABALLOS DE DÜSSELDORF (Live) | LCTRCT (Colaxes Sonoras)

Data: 3/08/2023

Horas:

Presentación «Portadas Inventadas» con Olaf Ladousse 13:00h – 14:00h | Lugar: CAFÉ BAR EL MUELLE | Rúa da Senra, 6, 15702, Santiago de Compostela | Entrada: de balde

Concertos 18:30h – 21:00h | Lugar: PATIO DE LUZ | Rúa Caldeirería, 38, 15704, Santiago de Compostela | Entrada: Donativo 6€ – 10€


LOS CABALLOS DE DÜSSELDORF (Live)

LCDD (Los Caballos De Düsseldorf) constrúen os seus propios instrumentos reciclando e pirateando circuítos electrónicos de xoguetes; circuit-bending. Compoñen secuencias sonoras con estes aparellos denominados doorag, en homenaxe á banda americana de Arizona (Doo Rag), que na escena underground dos 90 construía os seus propios instrumentos. Verdadeiros crentes deste tipo de propostas, non cesaron de publicitar estas técnicas que aúnan o espírito dos luthiers de todas as épocas e a paixón pola electrónica.Auténticos alquimistas sonoros, o afán de LCDD céntrase en producir tras recuperar, en compartir a beleza do ruído producido polos doorag.

https://lcdd.bandcamp.com/

OLAF, membro xunto a Carmen de LCDD, é un asiduo do Rastro. Autodefínese como melómano e espléndido regateador, o que lle permite asegurar que os discos de segunda man sen portadas son máis baratos. Cos anos acumulou unha boa pila de discos orfos de portadas. Segundo Olaf, todos os adultos do século pasado tiveron a oportunidade de deseñar fundas para cintas ou CD’s caseiros. As novas portadas para os seus singles están cheas de chistes, referencias, xogos de palabras e mesmo de axustes de contas con grupos ou cos encorsetados departamentos de prensa das discográficas. Para esta ocasion, aproveitando a súa visita con LCDD, ofrécenos unha mostra das súas Portadas Inventadas, moitas das cales foron publicadas en diversos fanzines.

http://www.olafladousse.com/

LCTRCT (Colaxes sonoras)

Obsesionado polo vinilo como fonte de son, Pablo LCTRCT comezou as súas sesións en forma de atrevidos soundscapes caracterizados polo ruidismo, o afterpunk e a música experimental. Acuñou o concepto de “antiparty” exercendo de mestre de cerimonias en audicións performáticas cargadas de provocación onde se deixaba intuír a súa atracción por Merzbow, Hijokaidan e outros exemplos de música extrema. Durante unha década estivo afincado en Berlín onde, ademais de atopar novos estímulos na práctica da improvisación libre, amplía a súa paleta sonora cara a outros territorios. No 2022, de volta na súa Compostela natal, crea El Muelle 1931, unha plataforma vinculada ao negocio familiar que acolle propostas sonoras diverxentes coa vocación de distribuír tanto proxectos que nacen na súa contorna máis próxima, coma selos independentes e artistas internacionais pouco convencionais. Unha sensibilidade que lle leva a apostar especialmente por aquelas creacións que se desenvolven desde as marxes, músicas ocultas adicadas ao efémero da cultura «underground».

http://www.elmuelle1931.com


ENTRADAS

Compostela

Telegram: t.me/colapsocolectivo
Email: info.colapso@gmail.com.

Presencialmente en:

Café Bar El Muelle Rúa da Senra, 6, 15702 Santiago de Compostela

Patio de Luz Rúa Caldeirería, 38, 15704 Santiago de Compostela


FILA 0

Aquelas persoas que queiran contribuir a que no futuro poidamos seguir programando estes eventos co noso colectivo de xeito sostible, poden facelo colaborando na FILA 0 do seguinte xeito:

BIZUM: 629644196

– Escribir FILA 0 no asunto.

PAYPAL:

– Enviar a cantidade que cadaquén considere a info.colapso@gmail.com
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.
– Escoller opción de enviar cartos a familiares ou amigas.

TRANSFERENCIA:

– Ingresar a cantidade desexada na conta ES40 0182 0639 3302 0151 9965
– Escribir FILA 0 no asunto da transferencia.

¡Apoia á cultura e os proxectos autoxestionados!

Fotos por Manuel Silva (Bisgue)