LOS TRES TEMORES (PARA UN PLÁCIDO DOMINGO)
KRAPOOLA
SAJJRA
NU NO
LIBREDON
LCTRCT
Data: 10/11/2019
Hora: 17:00h – 22:00h
Lugar: A Reixa (Santiago de Compostela)
Entrada: 5€ (Anticipada: Café Bar El Muelle )
Nuno Marques Pinto (NU NO) é actor e intérprete. O seu traballo está baseado nunha reflexión arredor da voz e da linguaxe, converxendo como expresión de presenza e como material preparado para a fala. A voz está organizada segundo patróns formais, musicais ou arquitectónicos repetición, distorsión, solapamento, ruído, berro – dando lugar a unha música en varios idiomas, transformando o acto de falar nun acontecemento e nunha situación, nun corpo falante.
Krapoola é un personaxe en gris, laranxa e negro que arrastra un remuíño de ideas asoballadas xerador dun lixo absurdo que invade todas as facetas da súa vida. Un ser enmascarado e extravagante que dende un caos constrúe unha realidade provista dunha estética vital imposible dedesvincularse de si mesmo. Este caos creativo, no momento en que todo parece colapsar, expulsa de súpeto ou ilumina a unha criatura, case sempre algo monstruosa, ás veces incomprensible, xa sexa tanxible ou sonora. A música sempre voa planando en círculos sobre a súa figura e onde se esconde Krapoola sempre se pode escoitar un ruído de fondo…
Chrs Galarreta Pando (SAJJRA) é unha das figuras máis importantes do underground sudamericano. Transitando entre América Latina, Europa e Eurasia, mantén unha forte actitude independente publicando dende 1995. Esta filosofía permitiulle ampliar as súas habilidades en campos como o harsh-pop, a música experimental, instalacións de arte, hacking de hardware e software, a improvisación libre e a electroacústica. Un home con moitas metamorfoses: Aloardi, DiosMeHaViolated, Evamuss, Chrs, Tica e Invisible Architecture entre outros. A súa guitarra pode resoar coma os conxuntos de bronces propios das orquestras andinas ou coma paisaxes naturais sublimes.